COMO ATOPAR A TÚA OPORTUNIDADE LABORAL NUNHA FEIRA DE EMPREGO

Feiras de emprego: vantaxes e consellos para aproveitalas

As feiras de emprego facilitan ás persoas que buscan emprego contactar directamente cos profesionais de recursos humanos de empresas especializadas en procura de talento e compañías que desexan ampliar o seu persoal de traballadores. Este tipo de eventos son un bo medio para buscar oportunidades laborais para persoas que están en paro, alumnado que está a piques de terminar os seus estudos, e para quen desexa un cambio profesional.

Este tipo de eventos achegan vantaxes fronte aos métodos tradicionais de procura de emprego: 

  • Ofrecen a oportunidade de construír relacións con profesionais de empresas interesantes que non sempre son de fácil acceso e que normalmente están presentes nas feiras porque necesitan incorporar persoal. Por tanto, as feiras constitúen unha forma rápida de establecer contactos, pois permiten saltarse os protocolos ou filtros existentes nalgunhas empresas, sobre todo de gran tamaño.
  • Propíciase un contacto máis directo cos reclutadores e seleccionadores profesionais, que ademais de recibir os currículos poden dar información valiosa sobre as compañías que representan. Por exemplo, pódeselles pedir información sobre que postos necesitan cubrir, que valoran máis á hora de contratar persoal nas súas organizacións e mesmo que avalíen as posibilidades dun perfil e se este pode entrar nun proceso de selección.
  • Permiten coñecer cales son as necesidades reais do mercado de traballo e os perfís máis buscados do lugar onde se vive.
  • Pódese participar en talleres e charlas de orientación laboral organizados no marco das feiras
  • Ofrécense conferencias impartidas polas empresas que participan no evento, ou ata almorzos profesionais, nos que se propicia o networking, útil para poder atopar traballo.


Como prepararse para asistir ás feiras de emprego?

Antes do evento

Hai que preparar con antelación a visita ás feiras de emprego para aproveitalas ao máximo. Algunhas recomendacións son:

  • Definir os obxectivos que se perseguen coa visita.
  • Realizar un exercicio de autoconocimiento.
  • Preparar un discurso co perfil profesional, incluíndo as fortalezas que se teñen, o que se sabe facer, o que se quere facer e o que se pode achegar, é dicir, o noso valor engadido como profesionais.
  • Informarse previamente sobre que empresas e organizacións participan no evento e detectar cales son as que máis interesan e onde se situarán.
  • Unha vez elixidas as organizacións que máis interesan, hai que preparar un CV, carta de presentación e/ou presentación oral adaptados a cada unha delas. Tamén é útil preparar as preguntas que se queira facer aos profesionais de cada compañía de interese, por se se presenta a oportunidade de expoñelas.
  • Levar suficientes currículos impresos ou ben levar cada CV en formato dixital (USB ou no móbil).

Durante a visita

  • Darse a coñecer: falar, escoitar e preguntar.
  •  Facer networking cos asistentes ao evento pode ser útil, dado que as persoas que acoden a este tipo de feiras comparten situacións similares e é un bo momento para compartir información que poida ser proveitosa para o proceso mutuo de procura de emprego.
  • Tamén é importante lembrar pedir tarxeta persoal aos profesionais de interese ou con quen se contactou de forma que, ao chegar a casa, contáctese con eles vía email ou LinkedIn para agradecer a atención e preguntar pola posibilidade de concertar unha entrevista.

 

Despois da visita

  • Non esperar nin ser pasivo. Hai que continuar coa procura de emprego, visitar unha feira é unha acción que pode axudar (e moito) pero non se debe esperar ata que lavisita de froitos. Débese seguir buscando nas diferentes canles oportunidades laborais e non deixar de traballar a rede de contactos e as candidaturas.


Fonte: educaweb
Autor/a: Sabela Pillado Oujo Etiquetas: feiras de emprego, entrevistas Lecturas: 151

Comparte este Artículo


Información sobre Cookies

  • Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para recompilar información que axude a optimizar o seu navegación web.
  • Non se utilizan cookies para recoller información de&car aacute;cter persoal.
  • Si continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter más información ou coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa Política de Cookies