
"
INEO EMPREGA II, unha porta cara o emprego" é un programa integrado de emprego aprobado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia no marco da Orde do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se convocan para o ano 2018.
As principais características que definen INEO EMPREGA II son:
- Ámbito territorial: Vigo.
- Nº de participantes: 100
- Colectivo: Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación.
- Obxectivo de insercción: 40%
- Data de inicio: 15 de novembro de 2018
- Data de fin: 14 de novembro de 2019.
As principais accións que se levarán a cabo no marco deste programa son:
- Información, orientación e asesoramento.
- Formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas.
- Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a búsqueda de emprego.
- Habilidades sociolaborais e talleres de entrevista.
- Fomento da capacidade emprendedora.
- Prospección empresarial.
- Emparellamento de ofertas de traballo cas persoas demandantes de emprego participantes.
- Formación para o emprego.
- Prácticas profesionais non laborais.
- Obradoiros sobre mobilidade laboral.