https://youtubeiras.gal/Bases/
Youtubeir@s chega á súa cuarta edición para continuar enchendo de vídeos en galego o Youtube, a rede social máis grande do mundo, impulsando a creación de contidos propios e promovendo referentes na nosa lingua.
Dende a súa primeira edición en 2016, Youtubeir@s é un proxecto de visibilización para os creadores e as creadoras en galego, que favorece o nacemento e a expansión dunha comunidade cada vez máis forte e con personalidade propia. Youtubeir@s realiza obradoiros, coloquios, debates e presentacións por todo o territorio para proxectar o galego como lingua viva na Rede.
A edición deste ano chega con aires renovados a través da súa nova web e cunha morea de novidades nas bases os premios. O proxecto aumenta o número de galardóns e a contía dos premios con 7500 €. Ademais, despídese das categorías anteriores e prescinde dos límites de tempo abrindo o abano de posibilidades. Consellos, sabedoría, música, xogos, viaxes, experimentos…, todo o que se queira en galego no Youtube. Participa! Consulta aquí as bases.