Itinerario Transformación Dixital no uso de Tecnoloxías emerxentes

Inicio: martes, 13 de outubro de 2026

Estás interesado/a en este curso?

Nome


Itinerario Transformación Dixital no uso de Tecnoloxías emerxentes

Descrición


Este itinerario incorpora de maneira transversal e práctica o uso de tecnoloxías emerxentes que están a transformar o tecido empresarial, garantindo que as participantes non só coñezan o seu funcionamento, senón que tamén sexan quen de aplicalas en contextos reais. Ao longo da formación traballarase con ferramentas de Intelixencia Artificial (como ChatGPT, Gemini, Copilot, DALL·E, entre outras) para a creación de contido e a optimización de procesos; desenvolveranse dinámicas de colaboración en entornos inmersivos 3D mediante realidade virtual, simulando escenarios profesionais; e introduciranse conceptos e prácticas de Big Data, para interpretar e visualizar información que facilite a toma de decisións estratéxicas. Estas experiencias permitirán ás participantes adquirir competencias dixitais de alto valor engadido, directamente vinculadas ás demandas actuais da Industria 4.0

Prazas


15

Data de Inicio e Finalización


13/10/2026 a 20/10/2026

Duración


30 horas presenciales

Modalidade


Presencial

Destinatarios


INEO 2025/26

Familia


Informática y comunicaciones

Obxectivo


Obxectivo xeral:

Capacitar ás participantes para identificar necesidades e oportunidades de dixitalización en empresas e negocios, introducindo o uso de tecnoloxías emerxentes como a Intelixencia Artificial, o Big Data e a realidade virtual/3D, a través de contidos prácticos, accesibles e orientados á execución real.

Obxectivos específicos:

 1. Comprender o Contexto Dixital e os retos que supón para as PEMEs.

 2. Deseñar Estratexias de Transformación Dixital, adaptadas a distintos tipos de negocios.

3. Pór ao Cliente no Centro da Estratexia, optimizando atracción e fidelización no entorno dixital

4. Explorar e aplicar tecnoloxías emerxentes (IA, Big Data, 3D) para mellorar procesos empresariais e persoais.

5. Xestionar o Cambio Dixital a nivel organizativo, cultural e de talento.

Contido


MÓDULO 1 – A PEME e as Exixencias do Contexto Dixital (4h)

 O contexto dixital actual e tendencias.

 Impacto das tecnoloxías emerxentes nas PEMEs.

 Casos prácticos de transformación dixital en negocios locais.

MÓDULO 2 – Estratexias Empresariais para o Plan de Transformación Dixital (6h)

 Novos modelos de negocio no entorno dixital.

 Os 7 ámbitos de actuación na transformación dixital.

 Metodoloxía para elaborar un plan básico de transformación.

MÓDULO 3 – O Cliente no Centro da Estratexia de Negocio (6h)

 O cliente dixital e os novos hábitos de consumo.

 Procesos desde a atracción á fidelización.

 Actividade práctica: análise de casos de éxito empregando exemplos reais e ferramentas dixitais.

MÓDULO 4 – Habilitadores Tecnolóxicos para a Transformación Dixital (8h)

4.1. Introdución á Intelixencia Artificial aplicada á procura de emprego e á empresa

 Ferramentas: ChatGPT, Gemini, Copilot, Pika, Hireflix, Leonardo, DALL·E, Mistral Chat.

 Xerar contido textual, visual e audiovisual para CV e presentacións profesionais.

 Análise de como as empresas empregan IA en selección de persoal.

4.2. Experiencia 3D de Traballo en Equipo. Porase a disposicón do proyecto gafas de 3D.

 Uso de gafas 3D e realidade virtual para simular contornos de colaboración.

 Resolución de retos en equipo, toma de decisións e comunicación efectiva.

 Relación coa Industria 4.0 e novos entornos de traballo dixitais.

4.3. Big Data para a toma de decisións

 Introdución práctica á análise de datos.

 Organización, interpretación e visualización da información.

 Exemplos: tendencias de consumo, sustentabilidade, procura de emprego.

MÓDULO 5 – Xestión da Transformación Dixital (6h)

 Elaboración dun plan de acción para a transformación.

 Cambios en liderazgo, organización, cultura e talento.

 Avaliación final do itinerario e reflexión sobre as tecnoloxías aprendidas.

Organiza


INEO

Centro de Formación


GDOCE Vigo C/ Coruña, 33 36208 - VIGO, Pontevedra

Comparte este Curso


Información sobre Cookies

  • Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para recompilar información que axude a optimizar o seu navegación web.
  • Non se utilizan cookies para recoller información de&car aacute;cter persoal.
  • Si continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter más información ou coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa Política de Cookies