Descrición
Obradoiro de acompañamento aos demandantes de emprego na construción dunha presentación persoal auténtica e significativa, que non se limite á repetición de fórmulas estandarizadas, senón que parta da historia, as capacidades e os recursos reais de cada participante.
Pretende fortalecer as capacidades das e dos mozos para presentarse en contextos de procura laboral, promovendo o recoñecemento e a posta en valor dos seus intereses, valores e habilidades persoais, co fin de favorecer a inserción laboral.