I FERIA DE EMPREGO TALENTO - CRUZ ROJA 19/05/2026

martes, 14 de abril de 2026

Desde Cruz Vermella gustaríanos solicitar a vosa colaboración para dar difusión entre o voso alumnado ou persoas usuarias á Feira de Emprego Unindo Talento, que celebraremos o 19 de maio, de 9:30 a 14:00, no Auditorio Mar de Vigo.
Trátase dunha xornada pensada para conectar a persoas en busca de novas oportunidades laborais con empresas comprometidas co talento e coa empregabilidade.
Durante a feira, terán a oportunidade de:
  • Coñecer empresas interesadas en contratar novos perfís.
  • Presentar o seu CV directamente a varias entidades.
  • Participar en pequenas entrevistas e dinámicas de selección.
  • Ampliar a súa rede de contactos profesionais.
Co obxectivo de facer unha boa organización da xornada, agradeceríamos que as persoas interesadas realicen a súa inscrición previa no seguinte enlace:
Agradecémosvos enormemente a vosa colaboración na difusión desta iniciativa, que busca apoiar de forma directa a empregabilidade das persoas que acompañades no voso día a día.
Se precisades máis información ou queredes comentar calquera detalle, estamos á vosa disposición.

Equipo técnico

Oficina Autonómica

| galicia@cruzroja.es

| Galicia. Cruz Roja Española, 1. 15002 A Coruña.


Comparte esta Noticia


Información sobre Cookies

  • Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para recompilar información que axude a optimizar o seu navegación web.
  • Non se utilizan cookies para recoller información de&car aacute;cter persoal.
  • Si continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter más información ou coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa Política de Cookies