A alta en Chave365 pode realizarse presencialmente nos rexistros xerais localizados nos edificios administrativos da Xunta de Galicia nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela e Ferrol.
Para isto, debe solicitar cita previa en https://www.xunta.gal/cita-previa
A atención ao público nos devanditos rexistros será en horario de 9.00 a 14.00 horas e as citas previas deberán solicitarse cun mínimo de 24 horas de antelación.
|