OFICINA VIRTUAL DE ASESORAMENTO E MAPA DE RECURSOS PARA A XUVENTUDE

jueves, 28 de julio de 2022

A Oficina virtual de Asesoramento e Orientación para a xuventude é unha iniciativa da Xunta de Galicia que busca ofrecer información de xeito intuitivo e sinxelo para que a mocidade poida participar e beneficiarse de todos os recursos que os distintos departamentos do Goberno autonómico poñen a disposición en ámbitos como:

-Educación

-Formación e emprego

-Igualdade

-Mobilidade

-Vivenda

-Información Xuvenil

-Ocio educativo e tempo libre

Como ferramenta principal, conta co Mapa de Recursos para a xuventude, que poderás descargar premendo no seguinte enlace:

MAPA DE RECURSOS

Así mesmo, poderás consultarnos todas as túas dúbidas vinculadas aos diferentes ámbitos e medidas contempladas no citado mapa, así como calquera outra, a través da Oficina virtual. Cubre o seguinte formulario coa túa consulta e intentaremos responderche o máis axiña posible, procurando sempre un asesoramento e orientación individualizada.

FORMULARIO

Non esperes máis para informarte de todas as opcións que tes ao alcance da túa man!


Comparte esta Noticia


Información sobre Cookies

  • Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para recompilar información que axude a optimizar o seu navegación web.
  • Non se utilizan cookies para recoller información de&car aacute;cter persoal.
  • Si continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter más información ou coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa Política de Cookies