A Fundación SEPI convoca bolsas de foración en empresas.
As bolsas terán unha duración inicial de seis meses, desde a data de incorporación das persoas beneficiarias que será, previsiblemente, o 1 de novembro
de 2022.
A formación práctica dos bolseiros e bolseiras do Programa poderá levar a cabo en calquera dos centros das empresas ou entidades que participan con este Programa.
Requisitos:
Título universitario oficial ou superior de formación profesional.
Concluír os estudos necesarios para a obtención do título desde o 1 de xaneiro de 2020.
Nacer a partir do 1 de novembro de 1992, para a convocatoria 2022/2.
Non desempeñar traballo profesional algún relacionado coa súa titulación, xa sexa por conta propia ou allea.
Estar disposto ou disposta a fixar a residencia no lugar onde vaia a recibir a súa formación práctica.
Dotación:
885 € para as persoas beneficiarias que sexan tituladasuniversitarias.
800 € para as persoas beneficiarias que sexan técnicas superiores de formación profesional.
As solicitudes deberán ser realizadas cumprimentando o formulario na web da FUNDACIÓN SEPI www.fundacionsepi.es
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto o 19 de setembro de 2022.
https://fundacionsepi.es/becas/iniciacion-fsepi.asp