Axudas 2025 para a obtención dos permisos de condución dirixidas ás persoas mozas residentes en Galicia.

lunes, 25 de agosto de 2025

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS321A

🚗 Publicadas as hashtagaxudas 2025 para a obtención dos permisos de condución dirixidas ás persoas mozas residentes en hashtagGalicia.

A partir do vindeiro luns, 25 de setembro, os mozos e mozas galegos poderán solicitar as axudas que convoca a Xunta de Galicia para o pago dos permisos de conducir tipo A2 (motos) e B (turismos), coa finalidade de promover a autonomía, a mobilidade e a empregabilidade da mocidade.

💰 Contía das axudas
◾ 150 € para o permiso A2
◾ 400 € para o permiso B
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa presente unha solicitude para a obtención de dous permisos.

👤 Beneficiarios e requisitos:
Persoas mozas residentes en Galicia, cos seguintes requisitos:
◾ Ter entre 18 e 30 anos.
◾ Levar empadroados en Galicia máis dun ano.
◾ Non estar traballando por conta propia nin allea.
◾ Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de outubro de 2024 e a data de presentación da solicitude.
◾ Ter unha renda familiar igual ou inferior a 5 veces o IPREM anual de 2025.

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos (a través do rexistro electrónico da Xunta de Galicia).

📅 Prazo de solicitude
Ata o 25 de setembro de 2025, ás 20.00 h. ou ata esgotar fondos (as axudas iranse concedendo por orde de solicitude).

Accede a través desta ligazón á información completa destas axudas, así como ao procedemento de solicitude (BS321A) 👇
https://lnkd.in/d25DWqW


Comparte esta Noticia


Información sobre Cookies

  • Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para recompilar información que axude a optimizar o seu navegación web.
  • Non se utilizan cookies para recoller información de&car aacute;cter persoal.
  • Si continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter más información ou coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa Política de Cookies