Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga
CANDO:Os cursos impartiranse entre setembro de 2023 e maio de 2024, en horario de mañá ou de tarde.
INSCRICIÓNS:Do 3 ao 14 de xullo de 2023 (cursos do primeiro cuadrimestre) e do 13 ao 24 de novembro de 2023 (cursos do segundo cuadrimestre).
DURACIÓN:Cada curso terá unha duración de 60 horas lectivas.
PREZO:Gratuítos.
REQUISITOS:
Persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.
As persoas solicitantes destes cursos poderán facer unha única solicitude de inscrición por cuadrimestre con tres preferencias priorizadas de grupos. En caso de adxudicación de praza en máis dun curso, o/a alumno/a deberá optar por un só curso nunha soa escola.
As persoas que desexen participar nos cursos deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega
PÁXINA WEB:www.lingua.gal
CONTACTO:
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Rúa San Roque, n.º 2. Santiago de Compostela
Teléfono: 881 996 302
EOI da Coruña
Rúa da Educación, 1. 15011 A Coruña. Teléfono: 981 27 91 00
Correo electrónico: eoi.corunha@edu.xunta.gal
Publicación: DOG 22/06/2023