AXUDA AO ALUGUEIRO DE VIVENDA 2023

miércoles, 14 de diciembre de 2022

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axudas ao alugueiro de vivenda habitual

Requisitos:
– Ser maior de idade
– Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán contar con autorización de estadía ou residencia en España.
– Ser titular, en calidade de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda. Os contratos deberán ter unha duración mínima dun ano e facer mención expresa á referencia catastral da vivenda arrendada.
– Que a vivenda arrendada constitúa a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria.
– Que a suma total das rendas anuais das persoas que teñan o seu domicilio habitual ou permanente na vivenda arrendada, consten ou non como titulares do contrato de alugamento, sexan iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM. O límite será de 4 veces o IPREM no caso de que a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría xeral ou dentro dela haxa persoas con discapacidade ou vítimas de terrorismo. O límite será de 5 veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con discapacidade cun grao recoñecido igual ou superior ao 33 %.
– Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,5 veces o IPREM.

A renda mensual da vivenda obxecto do contrato de alugamento non poderá superar o seguintes importes, dependendo do concello en que estea situada:

CADRO11


Contía e duración das axudas
– Concederase ás persoas beneficiarias unha axuda do 50 % da renda que deban satisfacer polo alugueiro da súa vivenda habitual e permanente.
– A axuda concederase anualmente e poderá acadar o prazo máximo de cinco anos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co formulario VI483A
prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de xaneiro de 2023 e estará aberto ata o día 5 de maio de 2023.
Máis información no DOG do 14 de decembro de 2022 e en https://igvs.xunta.gal/alugamento


Comparte esta Noticia


Información sobre Cookies

  • Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para recompilar información que axude a optimizar o seu navegación web.
  • Non se utilizan cookies para recoller información de&car aacute;cter persoal.
  • Si continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter más información ou coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa Política de Cookies