O Ministerio de Universidades a través da Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca 4.875 axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa, destinadas a estudantes universitarios/as, de Ensinos Artísticos Superiores, outros estudos superiores e Formación Profesional de Grao Superior
Os cursos impartiranse en dúas modalidades: modalidade de Axilidade Oral en Inglés Xeral e modalidade de Inglés Especializado. As especialidades ofrecidas na modalidade de Inglés Especializado serán: Ciencias da Saúde e da Vida e Ciencias Sociais e Humanas.
Os cursos terán unha duración de 40 horas lectivas distribuídas en cinco días e desenvolveranse en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado pola mañá, con aloxamento en habitacións compartidas e réxime de pensión completa nas sedes de Santander, Madrid, Conca, Sevilla, Tenerife, A Linea e Pirineos
Poderán solicitar estas axudas os mozos/as que cumprisen 18 anos a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e non cumprisen 30 anos ao 31 de decembro de 2023.
As persoas solicitantes teñen que obter a condición de bolseiro para cursar Ensinos Universitarios, Ensinos Artísticos Superiores, outros estudos superiores, Formación Profesional de Grao Superior ou último curso de Bacharelato nas convocatorias do curso 2020-2021 ou curso 2021-2022
A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos inherentes á participación no curso con excepción de 100 € en concepto de reserva de praza e dos gastos de desprazamento á sede do curso que lle sexa asignado, que serán por conta do participante.
As persoas interesadas deberán cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 2 de agosto de 2023
Máis información no BOE do 12 de xullo de 2023 e en https://www.uimp.es/actividades-academicas/cursos-de-inmersion-en-ingles.html