"Yoemprendo Galicia"

viernes, 9 de septiembre de 2022

Buscas traballo? Queres montar o teu propio negocio?

A Rede Española de Entidades polo emprego Rede Araña convoca o programa “YoEmprendo Galicia” dirixido a mozos e mozas que queiran iniciar o seu propio “Itinerario de Emprendemento”. É un programa de emprego e autoemprego para mocidade menores de 30 anos das provincias de Ourense e Pontevedra.

O obxectivo é axudarlles a conseguir a súa inserción laboral a través da mellora das súas competencias persoais e profesionais. Para conseguir este obxectivo, ofrecen asistencia personalizada e formación individualizada para cada unha da persoas participantes.

O Programa YoEmprendo, pon á súa disposición un gran equipo de persoas titoras e mentoras para lograr o gran desafío de conseguir a súa plena integración no mercado laboral e/ou crear a súa empresa ou poñer en marcha a súa idea de negocio.

Requisitos
– Ser menor de 30 anos.
– Estar rexistrado en Garantía Xuvenil ou estar en situación de desemprego.
– Residir nas provincias de Ourense ou Pontevedra.

Para inscribirse ou solicitar máis información do proxecto: teléfono 988 391 515

Correo electrónico: yoemprendogalicia@empleoenred.org

https://www.yoemprendogalicia.com/


Comparte esta Noticia


Información sobre Cookies

  • Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para recompilar información que axude a optimizar o seu navegación web.
  • Non se utilizan cookies para recoller información de&car aacute;cter persoal.
  • Si continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter más información ou coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa Política de Cookies